lunes, abril 29, 2024
InicioO PaísLugoUn matrimonio perde a vida nun accidente de tráfico en Begonte

Un matrimonio perde a vida nun accidente de tráfico en Begonte

Un matrimonio perdeu a vida nun accidente de tráfico este martes pola mañá en Begonte (Lugo). A furgoneta naque viaxaban bateu contra un camión que transportaba cereais. Os corpos das vítimas tiveron que ser liberados do interior do vehículo, que sufriu moitos danos a causa do impacto.

O suceso tivo lugar ás 11:00 horas, segundo informa o 112. Varios particulares deron aviso do sinistro. O choque entre a furgoneta e o camión bañeira produciuse na LU-P-1611 cruzamento coa N-VI, no punto 523.

Como consecuencia da colisión, parte da carga que transportaba o camión esparexeuse pola calzada, na que traballaron os servizos de emerxencia.

Ao lugar tamén se desprazaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES Friol-Pas, a Garda Civil de Tráfico, psicólogos (GIPCE) e os bombeiros de Vilalba, que traballaron na liberación dos corpos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES