martes, abril 30, 2024
InicioComarcasO CondadoMorre un veciño das Neves de 48 anos nun choque cun camión...

Morre un veciño das Neves de 48 anos nun choque cun camión en Salvaterra

Un veciño das Neves, de 48 anos, morreu nun accidente de tráfico este mércores en Salvaterra de Miño. Viaxaba co seu fillo, de 22 anos, quen resultou ferido grave tras unha colisión frontal contra un camión de repartición.

O turismo invadiu o carril contrario por causas que se descoñecen e impactou contra o camión.

O falecido, E.P, vivía na parroquia de Rubiós, nas Neves; e o seu fillo, J.P., toca na Banda Municipal de Rubiós. O Concello das Neves decretou tres días de loito oficial.

Pola súa banda, o condutor do camión, un repartidor de 45 anos, que resultou ferido leve na colisión, é veciño de Salvaterra de Miño.

O sinistro produciuse ás 16.30 horas, no quilómetro 14,700 da PO-510, que é a estrada que une a parroquia de Atios, en Porriño, coa de Oleiros, en Salvaterra de Miño.

Os bombeiros tiveron que utilizar material de excarceración para liberar á vítima mortal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES