jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsActualidadeA viguesa Susana Rodríguez, Premio Nacional do Deporte

A viguesa Susana Rodríguez, Premio Nacional do Deporte

Susana Rodríguez Gacio recibe o Premio Nacional do Deporte 2022, como mellor deportistas do ano. Os reis foron os encargados de entregar os premios e presidir a cerimonia que tivo lugar no Palacio do Pardo.

Rodríguez «É unha honra. Son a primeira deportista con discapacidade que recibe o premio, ábrese unha porta que estivera sempre pechada».

É a primeira deportista con discapacidade que obtén o máximo galardón do goberno tras impulsar a súa candidatura o Comité Paralímpico Español e recibir o apoio maioritario.

O galardón entregáronllo os reis no Palacio do Pardo.

Palmarés

En 2016 competiu nos Xogos Paralímpicos de Río de Xaneiro xunto ao seu guía Mabel Gallardo, quedando en quinta posición na proba individual de tríatlon.​

Rodríguez Gacio clasificouse para participar nos Xogos Paralímpicos de Tokyo 2020, sendo a primeira española en competir en dous deportes nuns Xogos Paralímpicos: tríatlon e atletismo.

Consagrouse campioa paralímpica de tríatlon na clase PTVI xunto ao seu guía Sara Loehr. Neses mesmos Xogos logrou a quinta posición en 1500 metros lisos da mesma clase, xunto ao seu guía Celso Comesaña.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES