miércoles, mayo 8, 2024
InicioNewsO PaísRueda fará cambios no Goberno da Xunta e desvelaraos o 14 de...

Rueda fará cambios no Goberno da Xunta e desvelaraos o 14 de abril

Alfonso Rueda confirma que si haberá cambios no Goberno galego que prevé desvelar a semana que vén. Algúns xa os anunciará durante o debate para a súa investidura que se celebrará o martes, 9 de abril, e o xoves, día 11.

A súa investidura será o sábado 13 de abril. O presidente en funcións explicou que, unha vez celebrado ese acto ao que tamén acudirá Feijóo, nomeará o seu equipo e todo fai prever que dará a coñecer a súa composición ese mesmo domingo, 14 de abril.

Tras reunirse co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, quen lle comunicou que o propoñerá como candidato á Presidencia da Xunta , Rueda destacou que acepta esta responsabilidade mesmo con «máis ilusión» que hai dous anos e comprometeuse a cumprir o programa electoral co que concorreu as eleccións.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES