martes, abril 30, 2024
InicioO PaísA CoruñaDez investigados vinculados ás dúas narcolanchas aparecidas hai un ano en praias...

Dez investigados vinculados ás dúas narcolanchas aparecidas hai un ano en praias de Ribeira

Unha decena de persoas están investigadas no marco dunha operación antidroga que se desenvolveu este martes nas provincias de Pontevedra e A Coruña. A investigación está vinculada a narcolanchas e planadoras aparecidas en Ribeira en febreiro de 2023.

Axentes do Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (Greco) da Policía Nacional e de Vixilancia Aduaneira levaron a cabo este operativo, que, polo momento implica a dez persoas entre investigados e detidos.

As actuacións deste martes desenvolvéronse en Noia e Bertamiráns na provincia da Coruña e nas de Vilanova de Arousa, A Estrada e Portonovo en Pontevedra.

O xulgado de instrución número 5 de Vigo leva esta causa que foi declarada baixo secreto de sumario.

Nas intervencións policiais descubríronse moldes para fabricar lanchas ríxidas e un camión para transportarlas nunha leira privada de Vilanova de Arousa.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES