sábado, abril 27, 2024
InicioConcellos +ArboArbo súbese ao autobús do teatro

Arbo súbese ao autobús do teatro

A veciñanza ten a oportunidade de ir ver o espectáculo "Os actos e as profecías" a Santiago de Compostela, o 18 de maio

O Concello de Arbo, en colaboración co Centro Dramático Galego, organiza esta actividade dirixida a un público maior de 16 anos. As prazas son limitadas e as inscricións deben realizarse nas oficinas do Concello de Arbo a partir do vindeiro martes, 2 de abril, con prazo ata o luns día 15.
O autobús sairá ás 14.00 horas dende o centro multiusos de Arbo e o regreso, trala función, está previsto para as 20.30 horas. O traslado e de balde e a entrada ao espectáculo ten un prezo reducido de 3 euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES