jueves, mayo 9, 2024
InicioNewsComarcasEncontro interxeracional no lavadoiro en Mos

Encontro interxeracional no lavadoiro en Mos

O Concello de Mos continua ao longo de todo este mes de marzo conmemorando o Día da Muller

Un encontro interxeracional entre escolares e mulleres das parroquias de Pereiras, Sanguiñeda e Tameiga na zona da Senda dos Muíños e do “lavadoiro” de Pereiras foi a última das actividades organizadas. As mulleres, caracterizadas de época charlaron col alumnado de 5º de Primaria dos colexios mosenses, un total de 96 escolares, e incluso compartiron parte da mañá lavando a man no lavadoiro, como antano, explicándolles como eran eses labores que realizaban, así como o funcionamento dun dos muíños.
O obxectivo da actividade é a recuperación da memoria histórica en canto á implicación e o papel da muller en todos os ámbitos da sociedade. Recoñecer o traballo das avoas e bisavoas mosenses… leiteiras, muiñeiras, lavandeiras, traballadoras do campo… e darllo a coñecer á cativada do municipio.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES