jueves, mayo 9, 2024
InicioActualidadeCulturaMaría Vázquez, Premio Pedigree 2024

María Vázquez, Premio Pedigree 2024

O Festival de Cans, que celebrará a súa XXI edición nesta parroquia porriñes, entre o 21 e o 25 de maio, acordou conceder este galardón de honra a unha das actrices máis destacadas do cinema galego dos últimos anos.

Ademais da concesión do premio, María Vázquez colocará a súa estrela no Torreiro das Estrelas de Cans, o venres 24 de maio, á beira doutros homenaxeados como Jorge Coira, Luis Zahera, Luis Tosar ou Margarita Ledo.

Outros dos galardóns honoríficos do Festival de Cans son os Chimpíns de Prata, que premian o impulso e a relación de profesionais e veciños co certame..O Chimpín de Prata “Pepe Puime”, será nesta edición para a actor , Eduardo Rodríguez “Tatán”.

O Chimpín “Divina Campos” será para o ilustrador e debuxante Luis Davila «O Bichero».

E o chimpín dos veciños recaer na muller máis vella da aldea, Fermina Fernández, a Señora Fermina do Pouso, que está próxima a cumprir os 100 anos de idade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES