jueves, mayo 9, 2024
InicioNewsO PaísOs servizos de emerxencias rescatan un corpo sen vida do río Ulla

Os servizos de emerxencias rescatan un corpo sen vida do río Ulla

Foi un particular quen alertou, onte sobre ás 18.00 horas, ao 112 Galicia dun corpo aboiado nas augas deste río ao seu paso pola parroquia de Santa María de Couso, na Estrada.

A Unidade de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) desprazouse ata a zona cun equipo de iluminación, aínda que o caudal do río e o difícil acceso a este fixeron que houbese que retrasar o rescate.

Así, desde primeira hora desta mañá, un equipo dos GEAS da Garda Civil e outro equipo da Unidade de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (GALI) atópanse no punto para colaborar co resto de equipos de emerxencias na recuperación do cadáver.

O corpo foi recuperado sobre ás 10.00 horas desta mañá. As forzas da orde tratan de esclarecer as causas do achado e a identificación do cadáver.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES