viernes, mayo 3, 2024
InicioNewsComarcasMáis de 500 variedades de camelia recenden en Salceda

Máis de 500 variedades de camelia recenden en Salceda

A vila celebra os días 16 e 17 de marzo as XV Xornadas da Camelia

Calcúlase que na mostra participarán uns 60 expositores chegados de toda a xeografía galega e tamén de Portugal, que amosarán máis de 500 variedades desta flor de orixe oriental, ao longo de máis de 130 metros de exposición.
Outras entidades como o CEP Altamira ou AFAGA estarán presentes tamén nas xornadas con traballos realizados por parte do alumnado no caso do CEP e das persoas usuarias no caso de AFAGA. E como vén sendo costume, a propia Estación Fitopatolóxica do Areeiro contará co seu propio espazo na mostra.
Para levar a cabo as xornadas, o Concello conta coa colaboración da Asociación de Xubilados e Pensionistas, así como a Asociación de Mulleres Rurais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES