Son tres amigos de Redondela que actualmente viven en diferentes puntos de España e Europa: David en Suíza, Roberto en Barcelona e Jose Manuel en Redondela, pero que a pesar da distancia continúan co proxecto de conseguir rematar o circuíto de maratóns máis importante do mundo.
Comezaron no ano 2017 en Berlín, en 2018 foron a Chicago, no 2021 en Londres, a New York desprazáronse en 2022 e o vindeiro domingo, 3 de marzo, estarán en Tokyo.
A capital xaponesa será a súa quinta estrela, restando só Boston.
Tres redondeláns na maratón de Tokyo
Roberto Lago, David Alonso e Jose Manuel Lago teñen o reto de realizar a “Abbott World Marathon Majors”, unha competición internacional que agrupa ás seis maratóns máis destacadas do mundo