miércoles, mayo 1, 2024
InicioNewsComarcasScalextric de primeiro nivel no Porriño

Scalextric de primeiro nivel no Porriño

O 1 e 2 de marzo disputarase na vila o European RallySlot Legend, unha proba organizada polo Slot Club Porriño coa colaboración do Concello do Porriño

O alcalde Alejandro Lorenzo, xunto co presidente do club, Jorge Romero e o piloto Bruno Romero, presentou hoxe o Rally que enfrontará a máis de corenta pilotos chegados dende toda a xeografía galega e norte de Portugal.
Estarán presentes os mellores pilotos do Slot Club Porriño, que veñen de colleitar o título galego de Escuderías na pasada edición deste campionato, así como o segundo posto na categoría Grupo B e en Master 50. Para a ocasión contarán con rivais dos clubs de Barbadás, Braga, Lucus e Narón entre outros, que virán ao Porriño con ganas de vencer aos rápidos pilotos locais. Bruno Romero, Anxo Pazo o Jorge Romero serán algúns dos pilotos de casa que intentarán pelexar pola vitoria nas súas categorías.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES