Son impartida por Silvia Rivas, veterinaria do centro CAAN, quen lles explica aos escolares, de 1º e 2º de Educación Primaria, que “decenas de animais no noso contorno, sofren o abandono por parte dos seus propietarios e outros moitos conviven en fogares onde non se lles presta a adecuada atención”, de aí a importancia de “educar na tenza responsable de mascotas, previr o maltrato e o abandono animal e dar a coñecer a función social que desenvolven as mascotas na nosa sociedade é fundamental”, sinalan dende o Concello.
Mos implícase no benestar animal e na tenza responsable de mascotas
Estanse a desenvolver xornadas de concienciación do CAAN da Deputación nos colexios para previr o abandono