jueves, mayo 2, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Trail Muíños do Folón quenta motores cunha participación histórica

O Trail Muíños do Folón quenta motores cunha participación histórica

Preto de 600 deportistas de máis de 14 provincias de España e do norte de Portugal disputarán o vindeiro domingo, 3 de marzo, unha nova edición desta carreira, a segunda proba da Pontevedra Trail League

O evento contará con dúas distancias: a Adventure 12km con case 500 metros de
desnivel en positivo e que terá o punto máis alto de paso na capela de San Martiño e a
Advance 21km, con case 1.000 metros de desnivel, pasando por zonas técnicas
espectaculares. A carreira sairá ás 10.00 e ás 10.30 horas dende a Praza do Calvario.

Ademais, como cada ano, o Trail Adventure Muíños do Folón amosará a súa cara
máis solidaria recadando fondos a favor da Asociación Española contra o Cancro
(AECC), tanto a través da venda de merchandising durante a celebración da mesma
proba como cunha fila 0 aberta para sumar achegas de calquera persoa interesada en
colaborar.

As inscricións continúan abertas na web do evento (http://www.traildofolon.com) ata o mércores ás 23.59 horas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES