jueves, mayo 2, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA soidade, a debate nos ‘Cafés en Igualdade’

A soidade, a debate nos ‘Cafés en Igualdade’

A traballadora social e psicoterapeuta Beatriz Arroyo afondará sobre este sentimento este xoves 29 ás 17.30 horas no Bar Floro, na Subida a San Vicente (Novás)

O ser humano é, por natureza, un ser social que precisa a outras persoas para establecer relacións persoais que xeren certo benestar. Por este motivo, a soidade non desexada pode ser un dos sentimentos máis difíciles de afrontar. Para afondar na soidade, tanto na elixida como na imposta, o Concello organiza unha nova sesión dos ‘Cafés en Igualdade’, que durante este 2024 están a percorrer os barrios rosaleiros para falar de xeito cómodo e distendido sobre temas de interese e actualidade do máis diversos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES