martes, abril 30, 2024
InicioConcellos +A CañizaMercar no comercio da Cañiza ten premio

Mercar no comercio da Cañiza ten premio

Concello e comerciantes fixeron entrega dos premios do quinto sorteo da última campaña de activación e fidelización do comercio local

“A confianza de sempre, agasállate este Nadal 2023/2024” é o nome da última iniciativa posta en marcha para dinamizar o comercio local na capital da Paradanta e da que vén de facerse entrega os premios do quinto e derradeiro sorteo.
Foron un total de 78 números, resultantes do sorteo, os premiados e subvencionados cunha aportación de 3.000 euros por parte do Concello, 600 da Asociación de Comerciantes da vila e outros 300 euros procedentes de seis premios da campaña do ano 2022/2023 que non foron recollidos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES