jueves, mayo 9, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoA mocidade redondelá aprende sobre sexualidade e afectividade

A mocidade redondelá aprende sobre sexualidade e afectividade

Os educadores Lucía Pereda e Rubén Estévez impartiron obradoiros no IES Chapela

As actividades comezaron xa no mes de novembro coas charlas interactivas para alumnado de ESO e Bacharelato dos institutos de Redondela, cuns 850 rapaces e rapazas. Destas xornadas técnicas extraéronse algúns datos “preocupates e moito peores do que agardábamos”, indica a edil de Igualdade, Iria Vilaboa.

O 77% dos participantes considera que a pornografía “é unha industria como outra calquera, polo que o consideran un traballo máis e a explotación de mulleres como unha forma lícita de gañar cartos”. Por outra banda un 51% do alumnado considera que a pornografía é tan só “entretemento” e un 31% pensa que é “unha ferramenta adecuada para explorar a sexualidade tanto propia como da parella”.

Os datos fan necesario “seguir traballando co alumnado nas aulas desde unha perspectiva de xénero”, apunta Pereda, e por iso se puxeron en marcha os obradoiros que comezaron esta semana.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES