sábado, abril 27, 2024
InicioNewsA terraSorteo de experiencias para vivir o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo...

Sorteo de experiencias para vivir o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Ao abeiro da iniciativa ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural ten en marcha o sorteo de cinco experiencias

Son para coñecer ás e aos protagonistas da nova campaña e os lugares nos que se rodou o vídeo promocional.

Durante todo o mes de febreiro as redes sociais de Eu Rural lanzarán o sorteo destas experiencias, unha información que tamén está a difundir dende as redes do propio Xeodestino.

Son unha experiencia para coñecer Lagar de Cervera, outra da man de Alecrín Actividades y Aventura para descubrir os segredos da enseada de San Simón, unha experiencia sensorial coa bodega Terras Gauda, outra de durmir baixo ás estrelas da man de Berto Fernández e Guías Galaicos e a quinta, para aquelas persoas interesadas no eido mariño, unha experiencia no porto da Guarda, con Rubén Adrover e a Asociación Cultural de embarcacións tradicionais Piueiro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES