viernes, mayo 3, 2024
InicioActualidadeDeportesPorriño e Lalín acollerán partidos das seleccións absolutas de balonmán

Porriño e Lalín acollerán partidos das seleccións absolutas de balonmán

O presidente da Deputación, Luís López, deu a coñecer estes eventos nun acto no Pazo provincial ao que asistiron representantes dos clubs da provincia, os presidentes das federacións española e galega e os rexedores dos concellos que acollerán estes encontros

O primeiro destes partidos está previsto para o 7 de abril no Concello do Porriño. As Guerreiras, nome co que é coñecida a selección absoluta feminina, mediranse ao combinado de Azerbaiyán nun encontro clasificatorio para o Campionato de Europa deste ano 2024. Por outro lado, o Lalín Arena acollerá o 8 de maio o partido dos Hispanos. A selección absoluta masculina enfrontarase a Serbia no choque de ida dunha eliminatoria a dobre partido co billete para o mundial do próximo ano en xogo

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES