domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsComarcasAceesca, referente na integración laboral das persoas con diversidade intelectual

Aceesca, referente na integración laboral das persoas con diversidade intelectual

Presentouse este luns, no Porriño, a segunda edición da Formación Dual Adaptada para Personas con discapacidade desta asociación.

Nesta ocasión, unha vintena de usuarios formaranse en hostelería e xardinería.
A formación dual é un proceso de aprendizaxe de tres anos de duración, no que a súa metodoloxía é aprender facendo.
Mediante contratos de formación en alternancia a través de Aceesca e a práctica no centro habilitado, avanzarán na súa capacitación para que -unha vez finalizado o proxecto- poidan atopar unha oportunidade en empresas de hostalaría da contorna.

Será a primeira vez que en Galicia se imparta este certificado de profesionalidade adaptado ás persoas con discapacidade intelectual. O Concello do Porriño cedeulles un local no Parque O Piñeiro de Torneiros que acondicionaron para levar a cabo a formación. Este establecemento, ademais, estará aberto ao público a partir do vindeiro 24 de febreiro, día no que se levará a cabo un acto de inauguración.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES