lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsComarcasA Policía Local de Mos recupera un coche roubado

A Policía Local de Mos recupera un coche roubado

Os feitos producíronse na Avenida de Peinador

A Policía Local de Mos informa de que a patrulla de axentes de servizo onte martes realizou, ás 12.50 horas, a localización, na Avenida de Peinador en Puxeiros, dun vehículo estacionado en pleno carril de circulación que resultou ser un turismo que fora subtraído.
O coche estaba ocasionado importantes retencións, posto que non permitía a circulación simultánea de vehículos.
Cando os policías locais de servizo procederon a consultar a matrícula do mesmo, comprobando que se trataba dun vehículo sobre o que se cursara denuncia por roubo.
Tras ser recuperado, os axentes actuantes observaron que o vehículo presentaba na parte frontal unha mancha, presuntamente de líquido refrixerante provinte do motor, que indica que puido sufrir unha avaría cando circulaba pola Avenida de Peinador. Por elo os policías dirixíronse aos establecementos próximos a fin de localizar testemuñas que tivesen visto a quen viaxaba no vehículo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES