lunes, abril 29, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas recupera o Regato da Venda

Ponteareas recupera o Regato da Venda

O Concello inviste preto de 15.000 euros na recuperación deste espazo público situado nas beiras do río Tea

Trátase dun itinerario que presenta na actualidade un avanzado estado de deterioro logo de dous anos sen que se acometera ningún tipo de tarefa relacionada co seu mantemento.

Así, co obxectivo de recuperar este espazo de lecer para a veciñanza, o Concello acometerá diferentes obras como a recomposición dos distintos tramos das pasarelas ou o arranxo do peche perimetral do parque infantil. Ademais, para potenciar a súa posta en valor, a administración local vén de solicitar a limpeza das augas á Confederación Hidrográfico do Miño-Sil

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES