sábado, mayo 4, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTomiño fala de sexo con humor e sen vergoña

Tomiño fala de sexo con humor e sen vergoña

Mamen Jiménez, La Psicomami, pechará a novena edición da Semana da Educación coa súa charla ‘E de onde veñen os bebés?’ o xoves 8 de febreiro

Un día estás creando un bebé e, poucos anos despois, é a propia criatura a que está a preguntar polos detalles do proceso. E cando chega ese momento saltan todas as dúbidas: é demasiado pequeno ou pequena para contarlle segundo que cousas? Lle transmitiremos ideas ou máis información da que precisa? A psicóloga, sexóloga, terapeuta de parella e ilustradora Mamen Jiménez, La Psicomami, estará na IX Semana da Educación de Tomiño para contar con claridade e un toque de humor como acompañar aos máis cativos e cativas da casa no seu desenvolvemento afectivo-sexual con naturalidade, sen vergoña e sen medo cando chegan as preguntas.
O vindeiro xoves 8 de febreiro, as 19.00 horas no auditorio de Goián, Jiménez subirase ao escenario do auditorio de Goián para pechar a novena edición dunhas xornadas de balde postas en marcha polo Concello de Tomiño co obxectivo de informar e formar a persoal educador e docente, pais, nais e familias sobre distintos aspectos relacionados coa educación de nenos, nenas e adolescentes

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES