Logo de que a Mesa pola Normalización Lingüística recollera 33.000 sinaturas para a súa Iniciativa Xabarín, para a inclusión de contidos en lingua galega para a rapazada e a mocidade facendo cumprir a Lei do Audiovisual e case dous anos despois de que o Parlamento aprobase por unanimidade a proposición non de lei por iniciativa popular, a CRTVG acaba de por en marcha a App Xabarín, con series e películas en galego para o público infantil.
A secretaria xeral da Mesa Pola Normalización Lingüística, Xela Armas, asegura que estarán vixiantes para que os contidos sexan atractivos para as crianzas e a mocidade. Ademais de pedir máis promoción de esta ferramenta para que as nenas e nenos saiban dela e a poidan usar:
ENTREVISTA A XELA ARMAS: