miércoles, mayo 8, 2024
InicioA terraMedio AmbienteGalicia é a cuarta comunidade con máis zonas húmidas declaradas de importancia...

Galicia é a cuarta comunidade con máis zonas húmidas declaradas de importancia internacional

246 espazos naturais destas características incorporaranse este mes ao Inventario de zonas húmidas de Galicia ata acadar as 646 zonas rexistradas

Cada 2 de febreiro conmemórase o Día mundial dos humidais. Con tal motivo, a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, explicou, durante unha visita ao Esteiro do Miño, que seis zonas húmidas galegas están incluídas na lista Ramsar, un recoñecemento de carácter internacional que se outorga aos espazos deste tipo máis representativos de todo o mundo.

En concreto, son a ría de Ortigueira e Ladrido; a lagoa e areal de Valdoviño; o complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada; o complexo das praias, lagoa e duna de Corrubedo; a ría de Ribadeo e o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. Deste xeito, salientou que que Galicia é a cuarta comunidade autónoma con máis humidais declarados de importancia internacional.

A vicepresidenta segunda lembrou que a Xunta elaborou o Inventario de zonas húmidas de Galicia, un rexistro de carácter público con información sobre o número, extensión, valores e estado de conservación dos espazos deste tipo existentes na Comunidade e que, polo tanto, constituirá unha base fundamental para a súa xestión.

Na actualidade inclúe un total de 400 zonas húmidas, que suman preto de 44.000 hectáreas, e está previsto que este mesmo mes se incorporen outros 246 espazos destas características. Con esta inclusión o inventario contará cun total de 646 zonas húmidas, que abarcan 45.142 hectáreas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES