sábado, mayo 18, 2024
InicioNewsO PaísPontón compromete 12.000 vivendas públicas

Pontón compromete 12.000 vivendas públicas

A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, comprometeuse a poñer a disposición dos galegos e das galegas 12.000 vivendas públicas en réxime de aluguer a prezo limitado ao longo dos próximos oito anos, para dar resposta ás miles de persoas que na actualidade non teñen acceso a este dereito básico porque “os alugueiros están disparados e os salarios non chegan”

A proposta de goberno do BNG supón multiplicar por catro o o actual parque de vivendas públicas, “unha cifra ambiciosa pero realizable”, destacou Pontón, porque o Bloque pon sobre a mesa un cambio de modelo na política social de vivenda apostando pola compra de vivenda baleira en lugar da construción como elemento estratéxico  para aumentar a oferta pública de pisos en aluguer a un prezo taxado que a maioría social poda pagar

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES