lunes, noviembre 11, 2024
InicioA terraA nosa culturaOs mellores murais do mundo están en Galicia

Os mellores murais do mundo están en Galicia

Galicia arrasa na prestixiosa plataforma internacional de arte urbano Street Art Cities ao acaparar os tres primeiros postos na lista dos 50 mellores murais de todo o planeta.
En primeiro lugar sitúase o artista Sfhir que plasmou unha violenchelista no numero 64 da rúa Fraga, en Fene. Fíxoo durante a primeira edición do Perla Mural Fest, en agosto do pasado ano.

No segundo posto esta “A Dona do Esteiro”, encargo do Concello de Nigrán á artista Lula Goce, situado na Ramallosa, entre a rúa Argonautas e Romana Baixa.

E en terceira posición está “A Castrexa” que domina a Ronda da Muralla, en Lugo, á altura do número 156, creada por Yoe 33 (Manuel Pallin).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS