sábado, mayo 18, 2024
InicioNewsActualidadeRecuperado o equivalente a preto de 90 sacos de pellets

Recuperado o equivalente a preto de 90 sacos de pellets

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo balance dos traballos do operativo despregado na comunidade

O dispositivo despregado nos últimos días pola Xunta nas praias e no mar para a recollida dos pellets perdidos polo mercante Toconao en augas portuguesas permitiu recuperar ata o momento o equivalente a preto de 90 sacos. Así o destacou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao realizar un balance dos resultados obtidos ata a xornada deste pasado sábado.

Ángeles Vázquez, vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda:

De feito, os máis de 300 efectivos despregados polo Executivo galego nos areais recolleron onte o equivalente a sete sacos de pellets, aos que se suma o saco que retirou do mar o helicóptero do Servizo de Gardacostas Pesca 2 nas costas de Valdoviño (A Coruña). Ángeles Vázquez detallou ademais que o operativo despregado pola costa galega está composto por máis de 300 efectivos, que están repartidos por 56 praias de 34 concellos. A eles engádense os medios mobilizados polo Servizo de Gardacostas de Galicia por mar: os helicópteros Pesca 1 e Pesca 2, as embarcacións de gran porte Sebastián de Ocampo, Irmáns García Nodal, Ría de Vigo e Mar de Galicia e outras catro patrulleiras de menores dimensións. Mentres, a colaboración do Goberno central materialízase no despregamento dun helicóptero de Salvamento Marítimo

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES