martes, mayo 7, 2024
InicioNewsO PaísCesan sete altos cargos da Xunta para incorporarse ás listas do 18F

Cesan sete altos cargos da Xunta para incorporarse ás listas do 18F

O Partido Popular de Galicia fixo públicas esta mañá as candidaturas das catro provincias

O Consello da Xunta, reunido este luns con carácter extraordinario, aprobou os decretos de cese de sete altos cargos del Goberno autonómico para que se poidan incorporar ás candidaturas de cara ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro. Mañá, martes 16 de xaneiro, publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os decretos recollen os ceses de Antonio Rodríguez Miranda como secretario xeral da Emigración; de Xosé Manuel Merelles Remy como director da Axencia de Turismo de Galicia; de Gonzalo Trenor López como delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña; de Martina Aneiros Barros como delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol; de Javier Arias Fouz como delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; e Gabriel Alén Castro como delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense.
Tamén recolle os ceses na Consellería de Medio Rural de Silvestre José Balseiros Guinarte como director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e tamén como director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga)

O Partido Popular de Galicia fixo públicas esta mañá as candidaturas das catro provincias.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, salientou hoxe a renovación do 62% nas candidaturas populares para as eleccións do vindeiro 18 de febreiro. “O estilo Rueda marca estas listas, xa que 58 dos candidatos que integran as listas son novos respecto ao 2020”, apuntou.

Paula Prado concretou que, das 94 persoas que integran as catro candidaturas do PPdeG, 45 son mulleres e 49 homes.

A secretaria xeral agradece a presenza dos presidentes do PP no acto de onte na Coruña, “unha mostra de unión e de apoio para que Alfonso Rueda consiga a súa primeira maioría absoluta en Galicia” e pediu a BNG e PSdeG que “deixen de facer excursións ás praias e deixen traballar con tranquilidade aos máis de 300 efectivos que diariamente están vixiando e limpando os nosos areais, ademais dos helicópteros, embarcacións e patrulleiras que buscan pellets polo aire e no mar dentro do operativo desenvolvido pola Xunta”

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES