lunes, mayo 6, 2024
InicioNewsO PaísBNG e Anova asinan un acordo para concentrar o voto o 18F

BNG e Anova asinan un acordo para concentrar o voto o 18F

Ana Pontón destaca que o cambio galego “está máis cerca” co acordo de BNG e ANOVA para as eleccións do 18F

A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, e o portavoz nacional de ANOVA, Martiño Noriega, asinaron o acordo de colaboración entre ambas organizacións de cara ás vindeiras eleccións galegas do 18F, un pacto que ámbolos dous coincidiron en cualificar como un “acto de responsabilidade” con Galiza e coa cidadanía que quere cambio.

“Con este acordo, o cambio está máis cerca e temos máis forza para gañar”, afirmou Pontón, nunha mensaxe dirixida directamente a “esa maioría social” que quere abrir un novo ciclo político a partir do 18F e deixar atrás os 14 anos de “nefastas políticas do PP que nos están deixando unha Galiza peor”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES