miércoles, mayo 8, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaDetidos por cometer case 150 asaltos en vivendas do norte de España

Detidos por cometer case 150 asaltos en vivendas do norte de España

A Garda Civil detivo a un grupo criminal especializado en asaltar vivendas en zonas rurais aisladas do norte de España. Tiñan a súa sede en Barcelona, desde onde planificaban os roubos, alomenos 145 cometidos en chalés e casas unifamiliares de Aragón, A Rioxa, Castela e León, Cantabria, Asturias e Galicia. Os dous principais líderes foron detidos no aeroporto de El Prat cando intentaban fuxir do país con xoias, reloxos e diñeiro en efectivo. En total, foron detidas once persoas e investigadas outras nove.

A operación “Volcado” da Garda Civil permitiu desarticular esta organización experta no roubo de xoias, diñeiro e obxectos de valor. Foron incautados e recuperados numerosos efectos subtraídos por un valor de 600.000 euros, así como un dispositivo electrónico que usaban para evitar que ladrasen os cans das vivendas, unha pedra de toque con reactivos para comprobar a calidade do ouro e un detector de diamantes.

Os autores, residentes en Barcelona, facían longos desprazamentos desde o seu domicilio a poboacións situadas a 300 ou 400 quilómetros de distancia. Cometían tres ou catro asaltos en vivendas cada xornada, desprazábanse entre provincias durante varios días seguidos e regresaban a Barcelona. Actuaban en horario de tarde ou noite, forzando portas ou ventás de vivendas e desvalixándoas en poucos minutos.

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 de Huesca dirixe a investigación e decretou o ingreso en prisión provisional de catro dos detidos, quedando o resto en liberdade con cargos

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES