viernes, noviembre 1, 2024
InicioNewsO PaísO TSXG confirma a condena de 21 anos de cárcere imposta ao...

O TSXG confirma a condena de 21 anos de cárcere imposta ao home que asasinou a un veciño da Coruña ao que lle debía cartos

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirma a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña na que condenou a 21 anos de cárcere a un home asasinou, asestándolle 19 puñaladas, a un home ao que lle debía cartos. Os feitos sucederon en setembro de 2021 na vivenda do barrio das Flores da Coruña na que residía a vítima. Os maxistrados, polo tanto, rexeitan que se vulnerase o dereito á presunción de inocencia do condenado, tal e como alegou a súa defensa. Así, salientan que o que esta pretende, en realidade, é “impoñer a súa valoración da proba respecto da que foi efectuada polo xurado no seu veredicto e polo maxistrado presidente na súa sentenza”, todo iso “sen ter en conta que a potencia probatoria radica na interrelación dos indicios plurais, que se reforzan mutuamente na medida en que apuntan na mesma dirección”.

“De ningunha maneira poden compartirse as teses da defensa, pois a multiplicidade de indicios existentes na causa e a súa combinación temporal, espacial e lóxica permiten soster a conclusión do xurado como prevalecente sobre a alternativa proposta”, destaca a Sala na resolución, na que asegura que “o labor do xurado foi exhaustiva e, en absoluto, arbitraria nas súas formulacións e nos seus razoamentos, moi afastada en calquera caso do vicio procesual que lle atribúe a defensa”. Ademais, engade que a opción consistente en que outra persoa dese morte á vítima é “altamente improbable, por moito que algúns dos indicios non plenamente acreditados por proba directa poidan apuntar a outros hipotéticos escenarios, mentres que a versión xudicial dos feitos constitúe sen dúbida a tese prevalecente á luz da potente proba practicada, infestada de converxentes indicios unidireccionais”

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS