jueves, mayo 9, 2024
InicioO PaísOurenseEntrega de alimentos non percedoiros ao Banco de Alimentos de Ourense

Entrega de alimentos non percedoiros ao Banco de Alimentos de Ourense

O Banco de Alimentos de Ourense, no Parque Empresarial de San Cibrao das Viñas, recibiu os alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento a través do servizo provincial de Emerxencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda, en colaboración con 37 Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, foi o encargado de facer a entrega.

Este ano, baixo lema ‘Por un Nadal feliz para todos’ os voluntarios de Protección Civil están a desenvolver unha campaña de recollida de alimentos co obxectivo é colaborar coas familias máis necesitadas.

En puntos de recolección en diversos edificios públicos (Casas do Concello, Centros de Saúde, colexios ou centros socias..), etamén en supermercados, tendas e áreas comerciais onde os cidadáns poden depositar os alimentos non perecedoiros, que en dúas quendas serán remitidas ao Banco e Alimentos.

A recollida destes alimentos realizase nos meses de novembro, decembro e principios de xaneiro. Esta foi a primeira das dúas entregas que se farán a esta entidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES