O Concello do Porriño organiza o I Mercadiño de Nadal con produtos artesanais, decoración, alimentación, complementos ou agasallos, entre outros artigos, todos eles relacionados con estas datas tan entrañables.
O mercadiño celebrarase entre o 7 de decembro e o 7 de xaneiro na Praza do Cristo e
constará de dez casetas. A concellería de Mercados publicou hoxe as bases para participar no mesmo, todos eles deben ser persoas artesáns e comerciantes autorizados para producción ou venta de produtos.
No caso de que se presenten máis de dez solicitudes, establécense tres quendas de participación (do 7 ao 17 de decembro, do 2 ao 18 de decembro e do 28 de decembro ao 7 de xaneiro).
Na selección dos participantes darase prioridade ás solicitudes para a exposición e venda
de produtos específicos de Nadal, incluíndose tamén alimentación, decoración de Nadal e
agasallos.
O prazo de solicitude está aberto e finalizará ás 14 h do 5 de decembro de 2023.
Poden descargarse as bases e a folla de solicitude na páxina web do Concello
https://oporrino.org