lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasParadantaPablo Aparicio e Marta Castillo recollen o recoñecemento deportivo de Covelo

Pablo Aparicio e Marta Castillo recollen o recoñecemento deportivo de Covelo

O futbolista do Celta de Vigo, Pablo Aparicio Carballo, con raíces na parroquia de Casteláns, en Covelo, que acaba de ser convocado pola Selección Española de Fútbol Sub-15, e Marta Castillo Gómez, da parroquia de Santa Mariña, convocada pola Selección Galega feminina de Fútbol Sub-14, foron recoñecidos esta tarde no salón de plenos do Concello de Covelo pola súa traxectoria deportiva.
O alcalde, Pablo Castillo, desexoulles moitos éxitos e que o deporte lles acompañe no camiño das súas vidas. Ademais de pedirlles que non esquezan nunca as súas orixes a pesar dos seus futuros logros futbolísticos.
O cadete celeste Pablo Aparicio viaxará ata Alacante para disputar con España o Torneo Internacional de Albir Garden entre o 4 e o 10 de decembro. Enfrontarase a México, Arabia Saudí e Finlandia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES