A fortaleza de chocolate está de regreso a Valença entre 1 e 10 de decembro “chea de doces tentacións coa marca Chocolate”. Ademais, este ano a feira regresa con reforzo de ofertas de produtos sen glute, segundo explican dende a Cámara Municipal.
Haberá en Valença cascadas de chocolate, crepes, gofres, trufas e bombóns entre outros produtos dos que os visitantes poderán gozar en horario de 10:00 horas ata as 22:00 horas. Tamén está prevista que exista animación polas rúas.
A feira, que forma parte da programación de Nadal do municipio “raiano”, contará coa presenza de artesáns tanto de Portugal como de España.

