jueves, mayo 9, 2024
InicioNewsActualidadeSumar Galicia rexístrase como partido

Sumar Galicia rexístrase como partido

A deputada de Sumar Galicia no Congreso dos Deputados, Verónica Martínez, vén de rexistrar Movemento Sumar Galicia como partido político no Ministerio do Interior. Segundo apuntan dende a formación nun comunicado, «nace como unha organización galega autónoma que estará federada con movemento Sumar a nivel estatal»-

O obxetivo é, tal e como explican, «aglutinar a intelixencia colectiva das moitas persoas que conforman este movemento e que comparten un proxecto de país aberto e inclusivo, construído dende o diálogo e a escoita». Iniden na vontade de «sumar forzas con outros actores».

Nos próximos días, Sumar Galicia dará a coñecer unha comisión promotora «formada por galegos e galegas de procedencias diversas, pero co obxectivo común de contribuír de maneira decisiva a gañarmos a próxima década como país».

O profesor da USC, Paulo Carlos López, voceiro de Sumar Galicia

Aínda que non será ata dentro duns días cando se coñeza a comisión promotora de Sumar Galicia, si se sabe quen será o seu voceiro. Trátase do profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Paulo Carlos López, quen vén de enviar unha carta ás persoas inscritas na que se compromete a «seguir tecendo esperanza e a ilusión que xa está a transformar con políticas públicas útiles a nosa realidade cotiá». O profesor fai alusión de igual forma á unidade «á que nunca renunciamos e nunca renunciaremos».

Alternativa

Dende Sumar Galicia, apuntan que no partido son conscientes «da xanela da oportunidade histórica que se abre no noso país e inician un camiño que require de toda a enerxía, mobilización e organizaicón para estaren en condicións de ser alternativa de goberno ao Partido Popular».

Explican que Sumar Galicia nace «para gobernar este país».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES