domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsSucesosDesmantelada unha rede de explotación sexual en Pontevedra

Desmantelada unha rede de explotación sexual en Pontevedra

Foron axentes da Policía Nacional e da Garda Civil os que detiveron a catro persoas e desarticularon unha organización criminal dedicada á explotación sexual, delitos contra os cidadáns estranxeiros e tráfico de drogas en pisos en que as vítimas eran obrigadas a exercer a prostitución.

A investigación iniciase en febreiro de 2022, coa análise de anuncios de servizos sexuais en distintas páxinas web. Durante meses, intensificáronse as pescudas chegando a localizar e situar diversos pisos en varias zonas da provincia de Pontevedra (Vigo, Pontevedra, Marín, Porriño, Cangas, Sanxenxo), onde se exercía a prostitución.

A operación, coordinada pola Fiscalía de Pontevedra, concluíu coa detención de tres mulleres, un home e un investigado non detido, aos que se lles imputan delitos de prostitución coactiva, pertenza a organización criminal, delitos contra dereitos dos traballadores, e tráfico de drogas. Os axentes realizaron varios rexistros domiciliarios en diferentes localidades.

As mulleres prostituídas nos diferentes domicilios investigados atopábanse en condicións abusivas, ao estar obrigadas a exercer a prostitución as 24 horas, sen apenas descansos, e a realizar prácticas insalubres, ademais de incitalas a consumir substancias estupefacientes. Os investigadores, tras os rexistros e as pescudas, conclúen que a rede alcanzou durante estes anos uns beneficios de máis de setecentos mil euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES