sábado, julio 27, 2024
InicioNewsO PaísSanxenxo acollerá 350 inmigrantes chegados a Canarias

Sanxenxo acollerá 350 inmigrantes chegados a Canarias

O Goberno aloxará en Galicia 400 dos inmigrantes irregulares chegados nos últimos días ás Illas Canarias; 350 irán a Sanxenxo e os outros 50, a Vigo, A Coruña e Sobrado dos Monxes. Algúns destes inmigrantes xa están en Galicia desde a semana pasada.

Está previsto que o traslado aos seus aloxamentos definitivos se produza en dúas quendas: a primeira o vindeiro mércores e a segunda, unha semana despois.

O delegado do Goberno en Galicia Pedro Blanco telefonou o martes ao presidente da Xunta Alfonso Rueda para comunicarlle esta decisión co obxectivo de «coordinar con éxito» a crise humanitaria dos migrantes que chegan ás illas.

A Xunta acusa ao Goberno de non informala antes da operación e di que isto pode dificultar a organización do operativo. Solicita máis información sobre a data concreta da chegada de cada grupo de inmigrantes, o estado de saúde en que se atopan por se precisan atención médica e a idade, por se é necesaria a súa escolarización, entre outros asuntos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES