lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasO CondadoA Banda de Música Unión de Guláns recibe o premio da Cultura...

A Banda de Música Unión de Guláns recibe o premio da Cultura Galega 2023

A Banda de Música Unión de Guláns é un dos galardoados co premio da Cultura galega na edición do 2023. Comparten premio con Yolanda Castaño, o Museo do Gravado á Estampa Dixital, Pistacatro, Portocabo, Eduardo Pardo de Guevara, os cursos de verán Galego sen fronteiro e Ponte… nas ondas!

Dende a Xunta de Galicia, destacan que «este ano, 2023, a banda celebra o seu 150 aniversario conmemorando a súa traxectoria ofrecendo unha educación musical ao alcance de todos, deixando un pouso cultural e xeracional que agora converteu a aldea na pequena Salzburgo».

De igual xeito, apunta a administración autonómica que «da banda e da súa escola de música, xurdiron recoñecidos músicos tanto a nivel instrumentista como directores e compositores con nombres tan destacados como Rogelio Groba Groba» e que «algúns formaron agrupacións e outros atoparon traballo no estranxeiro facendo da música o seu medio de vida». A Xunta pon en valor que «eses músicos, espallados polo mundo adiante, levaron e levan con eles o nome de Guláns, que é sinónimo de música».

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse este luns para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS