miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasLouriñaA unidade móbil de doazón de sangue estará en Porriño os días...

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Porriño os días 11 e 12 de setembro

- Estacionará na rúa Domingo Bueno en horario de mañá e tarde

A unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) visitará O Porriño os días 11 e 12 de setembro. O autobús ubicarase na rúa Domingo Bueno, xunto ao Centro Cultural, e abrirá as súas portas a todo aquel que queira doar en horario de 10 a 14:30 h e de 16 a 21 h.

Os hospitais galegos precisan cada día entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e por iso a colaboración da cidadanía é fundamental.

Dende ADOS informan de que se dispón dun teléfono de información gratuíto para que a veciñanza poida consultar as dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles das que dispón a axencia: 900100828.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES