martes, mayo 14, 2024
InicioComarcasLouriñaMos pon o foco no emprendemento con diversas iniciativas de formación

Mos pon o foco no emprendemento con diversas iniciativas de formación

- Usuarios dos Obradoiro e Programa Integrado de Emprego participan en cursos de creación de empresas e competencias persoais

A área de emprego que concentra a súa actividade da Axencia de Colocación do Concello de Mos comeza o mes de setembro de xeito moi proactivo e impartindo varias iniciativas de formación para o emprego nestas dependencias municipais.

A concelleira de Emprego, Julia Loureiro, informa de que a técnico municipal de Asesoramento a Emprenderores/as, Ana Vázquez, impartiu ao alumnado do Obradoiro Municipal de Emprego unha sesión de creación de empresas.

Os 20 alumnos/as do Obradoiro Dual Queda en Mos (10 da Especialidade de Marketing Dixital e 10 da Especialidade de Carpintería) recibiron os pasados días 1, 4 e 5 de setembro esta formación titulada “A túa idea, o teu futuro”, durante a que surxiron ideas emprendedoras innovadoras entre os participantes.

O obxectivo da iniciativa foi “sementar o xermen do espírito emprendedor entre os/as alumnos-as traballadores-as do Obradoiro”, explicou a edil Julia Loureiro. Durante o Brainstorming de ideas emprendedoras e innovadoras realizado polos 20 participantes, estes traballaron nos plans de negocio desenvolvendo as súas propias ideas emprendedoras, caracterizadas por contar cun elemento importante de innovación e novidade na contorna.

Así mesmo, o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos vai impartir próximamente aos seus usuarios unha formación de Competencias personais para o emprego.

A oitava edición do Programa Integrado de Emprego de Mos titoriza a 100 usuarios na busca proactiva dun posto de traballo.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos comezou en novembro de 2022 e acada xa a súa oitava edición.

Os colectivos que participan nesta Edición VIII (2022-2023) do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos son: Persoas desempregadas con discapacidade 5. Persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) 5. Persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación 20. Persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas 20. Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI) 25. Mulleres desempregadas 20. Persoas desempregadas maiores de 45 anos 5. TOTAL 100.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES