sábado, abril 27, 2024
InicioActualidadeDeportesO Racing de Vilariño, único clube con equipo feminino do Val Miñor,...

O Racing de Vilariño, único clube con equipo feminino do Val Miñor, busca xogadoras

- Foron o primeiro club de Nigrán en apostar por dar unha oportunidade as mulleres que querían xogar no Val Miñor e compiten en segunda división de Galicia

O Racing de Vilariño foi o primeiro club en apostar polo fútbol feminino en Nigrán. No campo de San Pedro as mulleres que soñaban con xogar de maneira federada tiveron a oportunidade. Hoxe xa pasaron máis de 14 anos daqueles días de 2009 e o Vilariño continúa a buscar rapazas para que o seu equipo feminino siga crecendo.

O club abre as portas a todas mulleres maiores de 14 anos que queiran probar e defender o seu escudo. As más pequenas podes sumarse tamén, pero competirán nas categorías inferiores do equipo. Os adestramentos son os martes e os venres ás 21.15 horas no campo municipal de San Pedro e o equipo compite en segunda división de Galicia.

As interesadas poden preguntar calquera dúbida a través dos seguintes números de teléfono: 671 431 804 e 615 538 518

No Vilariño queren animar “a todas as que se emocionaron coa selección feminina e Teresa Abelleira a sumarse ao soño do noso club”. “Somos pioneiras e queremos crecer con ilusión, humildade e moito fútbol”, destacan.

“Dende o concello de Nigrán respaldamos a aplaudimos a aposta do Racing de Vilariño polo fútbol feminino e animamos a que as rapazas de Nigrán e de todo o Val Miñor se acheguen a este clube que aposta cen por cen polo deporte, o compañerismo e a igualdade”, indica o Alcalde de Nigrán.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES