miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO Concello de Redondela oferta saídas de ecoturismo e educación ambiental ao...

O Concello de Redondela oferta saídas de ecoturismo e educación ambiental ao longo de todo o mes de setembro

- A concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez, destaca o valor destas actividades "para concienciar á cidadanía, especialmente aos máis pequenos, da importancia de respectar e preservar o patrimonio natural do municipio"

As concellerías de Turismo, Medio Ambiente e Sostibilidade amplían ao mes de setembro as
actividades de ecoturismo e educación ambiental que tan boa acollida tiveron ao longo do
verán. A partir do luns ofrécense un total de 15 propostas con roteiros ambientais polos
ríos de Redondela, visitas guiadas polo centro histórico da vila, saídas nocturnas polo
litoral de Cesantes así como rutas en bicicleta e kaiak, entre outras activididades.

A primeira das actividades deste mes será o luns, 4 de setembro, coa visita guiada «A vila pola tardiña» que é de balde. O xoves 7 de setembro está organizada unha ruta en kaiak pola enseada, cun prezo subvencionado de 15 euros, que se repetirá o domingo día 10 de setembro. O venres día 8 a saída consistirá nun paseo nocturno por Cesantes e o sábado día 9 os roteiros ambientais desprázanse a Chapela para percorrer as beiras do río Fondón, ambas actividades de balde. Roberto Villar, concelleiro de Sostibilidade, destaca a importancia de poñer en valor «os recursos ambientais de Redondela, tanto no seu litorial como nos cursos fluviais e o resto de patrimonio natural do municipio».


As actividades precisan de inscrición previa na oficina de turismo, na rúa Isidoro Queimaliños, no teléfono 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES