lunes, mayo 20, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoA Garda Civil investiga ao presunto autor do lume nun chiringuito en...

A Garda Civil investiga ao presunto autor do lume nun chiringuito en Praia América

- Resulta ser o anterior adxudicatario do local

A Garda Civil de Baiona-Nigrán investiga a un veciño de Tui como principal responsable de catro delitos de danos nun chiringuito de Praia América.


Atribúenselle dous delitos leves de danos por corte do fluido eléctrico a este establecemento con intención de boicotear a actividade, un delito de usurpación de estado civil por unha denuncia presentada no Concello de Nigrán contra este establecemento en nome doutra persoa e outro do lume provocado en dito local días antes da súa apertura.


O investigado resulta ser o anterior xestor do establecemento durante os anos anteriores.


A concesión destes chiringuitos de praia faise tras concurso público, antes de cada verán, podendo optar a eles calquera persoa. As puxas pola concesión fanse en sobre pechado, polo que os que optan ás concesións, non saben ata última hora se obteñen a adxudicación ou non. Este ano, o perxudicado puxo por unha cantidade ostensiblemente superior á ofertada polo investigado, o que conlevou que este perdeu a súa concesión.


O investigado é un veciño de Tui, de 50 anos, con antecedentes penais.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES