miércoles, mayo 8, 2024
InicioNewsAlberto Vilas presentará en Salvaterra o seu novo traballo

Alberto Vilas presentará en Salvaterra o seu novo traballo

- O sábado 9 de setembro ofrecerá un concerto de piano no que o músico contará coa colaboración da cantante Cristina Suárez

Cunha temática baseada na música popular galega Alberto Vilas presenta o seu novo
traballo baixo o título “Once cancións e unha danza”. O escenario que acollerá o evento
será a Praza do Castelo de Salvaterra de Miño e terá lugar o sábado 9 de setembro ás
20:00h.


Tal e como explicou o músico no concerto poderemos escoitar “temas moi populares
como Rianxeira, Camariñas, A saia de Carolina… pero todos tratados dun xeito que nunca
se tratou e mui fantaseados cunha ollada nova a música tradicional”. Este traballo consta
de 12 temas a piano que buscan dar vida a nosa música dun xeito reinventado e achegar
o público máis xoven a música galega.


En Salvaterra de Miño tamén acompañará ó pianista a cantante Cristina Suárez que forma
parte xunto a Alberto dun proxecto paralelo que presentarán o mesmo día neste
concerto que se inclúe dentro do programa “Música no Ar” da Deputación de
Pontevedra. A entrada é libre ata completar a capacidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES