sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsSalvaterra inviste preto de 20.000 euros na posta a punto dos centros...

Salvaterra inviste preto de 20.000 euros na posta a punto dos centros escolares

- Durante os meses do verán leváronse a cabo traballos de pintado, reparación de ventás, melloras de fontanería e limpeza

O Concello de Salvaterra de Miño realizou unha inversión de case 20.000 para preparar
os centros educativos de cara o regreso ás aulas. Unha inversión que conleva diferentes
tarefas de mellora como pintado, reparación de ventás, colocación de lousas e baldas,
reparación de luminarias, colocación de tarima, melloras de fontanería e limpeza.


Estos traballos e obras leváronse a cabo durante os meses do verán para que todo esté
listo cando en menos de dúas semanas os preto de 800 nenos e nenas que estudan no
centro rural agrupado A Lagoa, CEP Carlos Casares, CEIP de Leirado e CEIP Infante Felipe
regresen ás aulas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS