O Concello de Salvaterra de Miño ven de recibir unha subvención de 5.000 euros para o
financiamento dos gastos de proxectos do Plan de Recuperación, Transformación e
Resilencia no ámbito do turismo deportivo sostible. Deste xeito se fai fronte ós gastos
derivados das asistencias técnicas que se contraten para preparar a documentación
necesaria para a presentación das solicitudes ó Perte do deporte. Esta axuda está ó abeiro
da convocatoria de subvencións para entidades locais de Pontevedra con poboación
inferior a 50.000 habitantes.
Precisamente o Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar un proxecto na
convocatoria de axudas ó fomento do turismo deportivo sostible financiadas con fondos
Next Generation UE do Consello Superior do Deporte para o ano 2023. Neste proxecto
plantéxase unha reforma de 600.000 euros para mellorar as instalacións do Campo de
Fútbol Antonio Gándara Bernárdez-Dextros, onde se contemplan diferentes melloras
como a de eficiencia enerxética.