viernes, mayo 17, 2024
InicioNewsA Garda Civil detén a dúas persoas por roubos con forza

A Garda Civil detén a dúas persoas por roubos con forza

- Os roubos producíronse en dúas caravanas-vivenda que se atopaban estacionadas en Barro

A Garda Civil de Pontevedra detén a dúas persoas como principais autores de dous delitos de roubo con forza cometidos o pasado luns, día 21 en dúas caravanas habitadas estacionadas no interior dunha nave da localidade Varro (Pontevedra).


A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra procede á detención destes dous homes, de 24 e 34 anos, de nacionalidade colombiana, con residencia en Coruña e á instrución das correspondentes dilixencias.


A investigación iníciase a través da identificación dun individuo que circulaba á altura do km 122 da AP-9 dirección Pontevedra nun VMP (patinete eléctrico), por parte dunha patrulla da Garda Civil do Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico de Pontevedra, os cales ao proceder á súa identificación e rexistro superficial observan que leva unha gran cantidade de diñeiro en billetes e moedas, así como xoias e outros obxectos.


O identificado comenta que se dirixía á estación de autobuses de Pontevedra, onde quedara con outra persoa.


Tras a práctica de xestións realizadas coa colaboración do Corpo Nacional de Policía e da Policía Local, localízase na estación de autobuses de Pontevedra a un segundo home, o cal portaba tamén unha gran cantidade de diñeiro, xoias e outros obxectos en interior dunha mochila.


Continuando coas indagacións, tense coñecemento de que momentos antes produciuse un roubo na localidade de Barro (Pontevedra) no interior de dúas caravanas, vivenda habitual dunha familia de feirantes que montaran casetas nas pasadas festas da Peregrina na cidade.


Tras a localización dos seus propietarios, confirman sufrir un roubo e recoñecen a totalidade dos efectos mostrados que portaban os dous individuos: diñeiro, en total 4.366,24 euros, xoias e o resto de obxectos, tales como unha play station con dous xogos, unha nintendo switch, un patinete eléctrico e dous bolsos de man de coñecidas marcas.


Os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Nº 2 de Caldas de Reis, que decretou a súa posta en liberdade con cargos á espera de xuízo, así como medidas cautelares.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES