lunes, mayo 20, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda acolle a Festa das Mercedes na Gándara do 2 ao...

A Guarda acolle a Festa das Mercedes na Gándara do 2 ao 24 de setembro

- Baixada de Carrilanas, Torneo da Cachiza, Carreiras Pedestres, concertos, exposicións, Festa da Zorza… e moito máis

Na xornada do mércores día 23 de agosto tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Guarda a presentación oficial da programación das Festas das Mercedes da Gándara 2023, contando coa asistencia do Alcalde, Roberto Carrero; do Presidente da Comisión de Festas, Juan Carlos, do Concelleiro de Deportes, Celso Rodríguez Fariñas e o Concelleiro de Deportes, Aser Estévez.

A programación de eventos e actividades na edición 2023 da Festa das Mercedes é unha programación moi extensa que congrega actividades deportivas, culturais, gastronómicas e de ocio, contando coa Baixada de Carrilanas, o Torneo da Cachiza, as Carreiras Pedestres, os concertos, as exposicións, a XXXV Festa da Zorza e moito máis.

As actividades arrancan na xornada do sábado día 2 de setembro coa VI edición da Baixada de Carrilanas, cun percorrido entre a Praza de Avelino Vicente(AS de Copas) e o Porto da Guarda. As inscricións están abertas cun prezo de 10€ en rifas das festas con data límite ata o 31 de agosto chamando ao 649 887 379 ou 661 281 254, tamén participarán os Drift Trikes.

Seguindo a programación, na xornada do sábado día 9 de setembro terá lugar o XIV Torneo da Cachiza a partires das 16:00h na Rúa As Pozas, cunha inscrición de 10€ por parella que se realizará ata as 15:30h antes do torneo. Haberá premios e as inscricións se poden realizar nos teléfonos 669 031 798 e 680 340 784.

O sábado 16 de setembro a partires das 18:00h terá lugar a XXI Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, un evento deportivo gratuíto para o que é preciso realizar unha inscrición previa ata o 12 de setembro no teléfono 647 607 456 ou no enderezo opercamino@gmail.com, ou ben no mesmo día da carreira en horario de 16:30h a 17:30h na mesa de secretaría da Carreira. Haberá un total de 8 categorías en función das datas de nacemento dos participantes e cunhas distancias entre os 100m. e os 6500m.

A partires das 21:00h do 16 de setembro terá lugar na Praza dos Seixiños o XI Serán que contará coa participación de diferentes grupos tradicionais e de pandeiretas da zona, haberá chocolate e biscoito para os asistentes.

O domingo 17 de setembro ás 20.00h actuará os Reguefeiros(do Luar), Luis o Caruncho e Bieito Lobariña e os Veciños, para rematar a xornada co Grupo Folk Na Revolta.

O venres 22 de setembro a partires das 18:00h comezarán as degustacións na XXXV edición da Festa da Zorza ata a media noite, cando realizarase a gran Queimada Popular e contarase coa animación da Charanga Patocar.

O sábado 23 de setembro a partires das 22:00h arrancará a verbena coa actuación do Grupo Ritmo e rematando cun único pase o Grupo América.

O domingo 24 de setembro a partires das 9:00h pasarrúas polas rúas do pobo a cargo do Trebón dos Xidos, ás 17:00h Xogos populares na Praza dos Seixiños e a partires das 20:00h actuación da Escola de Danza “Dansá”.

Ademais do 16 ao 17 de setembro haberá unha exposición de maquetas de corcho elaboradas por Tino, o sábado 16 de setembro en horario de 17:00h a 21:00h e o domingo 17 en horario de 19:00h a 2:00h.

Actos relixiosos: Venres 15 comezo da novena ás 18:30h con rosario e misa e domingo 24 ás 12:30h Misa Solemne con sermón cantada polo Coro Cantábile e procesión acompañda polo Grupo de Gaitas A Boalleira.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES